Volver al listado
Entrevista RTVG: Postres Caseros Casa Xacobe
Probamos unha sobremesa 100% galega a base de flor de toxo

Pensaron algunha vez en tomar unha sobremesa feita a base de flor de toxo? Non teñen que imaxinalo porque xa existe e ademais os que a probaron danlle unha moi boa valoración.
A idea tivérona uns reposteiros artesáns de Sigüeiro, moi preto de Santiago.

E despois de case un ano de probas conseguiron un sabor e unha textura coa que están moi satisfeitos. Unha das claves pasa por empregar materias primas galegas e seguir as elaboracións de sempre, sen industrializar.
Tanto, que a flor de toxo vana coller directamente ao monte.