Volver al listado
Postres caseros casa xacobe
A flor do toxo é o ingrediente que dá personalidade á "Crema Gallega" de Casa Xacobe Postres Caseros
No seu obrador de Sigueiro, Suso Lareo e María José Calviño elaboran postres artesáns para hostelería e superficies.
Crónicas 04/2018

No seu obradoiro Casa Xacobe Postres Caseros, en Sigueiro os reposteiros artesáns Suso Lareo e María josé Calviño dedicanse á elaboracion de sobremesas artesáns sen aditivos nin conservantes totalmente naturais e postando sempre polas materias primas de primeira calidade de Galicia.

Baixo esta premisa ambos emprendedores crearon unhas sobremesas galegas únicas, como son a Tarta del Peregrino, Delicia de Queimada Galega, Capricho Celta e a súa última creación; A CREMA GALLEGA, todos eles manxares exclusivos froito da súa capacidade innovadora e marcas rexistradas.


A Chorima, flor de Galicia

A Crema Gallega, este delicioso e exquisito postre, etá elaborado cun ingrediente moi peculiar, trátase da Flor de Toxo, a flor máis representativa de Galicia.

Tras un longo tempo de investigación e probas, Suso e María José conseguiron obter finalmente unha sobremesa totalmente única e incomparable.

Da flor de Toxo, tras un longo proceso, extraen todo o seu aroma para achegarllo logo á Crema e tamén elaboran coa flor un caramelo caseiro líquido, que engade o postre no momento de consumila. Da fusión entre a Crema e o caramelo líquido obtemos finalmente a Crema Gallega, cabe destacar que unha vez se engade o caramelo sobre a crema non se debe remover nunca, pois é a mellor forma de apreciar o delicioso sabor desta especialidade.


A auténtica e única Crema Gallega

Desde que empezaron a comercializar a Crema Gallega a demanda do produto é cada vez maior, incluso a cadea de supermercador Gadis decidiu tela nos seus lineais.

Mesmo unha gran empresa multinacional do sector lacteo manifestou aos seus creadores Mª José Calviño e Suso Lareo moito interese por este delicioso postre, aínda que eles prefiren seguir realizando o seu traballo de xeito artesanal apostando polas materias primas galegas de primeira calidade e elaborando naturalmente sen aditivos químicos.